|
Comentarios sobre o Festival
As principais revistas especializadas en música clásica e os xornais fixéronse eco do interese da programación do Festival Via Stellae dende a mesma presentación da súa primeira edición.
“Festival Via Stellae: por todo o alto”
(Scherzo, maio 2009)
“Logrou erixirse só nuns anos nunha referencia absoluta dentro dos festivais españois”
(El Cultural, xuño 2009)
“É novo, pero irrrompeu con ímpetu no panorama do verán, e só con tres edicións ás súas costas deslumbra pola cantidade e pola calidade da súa programación”
(Ópera Actual, xuño 2009)
“A forza do Via Stellae”
(Ópera actual, verán 2009)
“Na súa aínda breve existencia, o Festival Via Stellae gañouse xa un lugar privilexiado como punto de encontro musical en Europa”
(Diverdi, mayo 2009)
“A simple enumeración dos participantes produce calafríos”
(El Cultural, xuño 2009)
“Un dos sinais do Via Stellae é a categoría dos seus intérpretes”
(Ritmo, abril 2009)
“Cada ano que pasa parécenos mellor e máis acabado este festival barroco, que empezou moi forte hai catro anos”
(Scherzo, mayo 2009)
“Unha programación que é como unha caixa de bombóns suízos na que custa decidirse polo máis apetitoso”
(La voz de Galicia, 4 de febreiro 2009)
“Non debería sorprender a xugosa programación da cuarta edición do Festival Via Stellae, que augura moitas noites de excelencia musical garantizada”
(Mundoclasico, febreiro 2009)
“Un festival de música antiga de primeira”
(Ópera actual, xuño 2009)
“En xullo todos os camiños da gran música levan a Compostela”
(La voz de Galicia, 4 de febreiro 2009)
“Via Stellae, esplendor do Barroco”
(El Cultural, xuño 2009)
“Ambiente de festa, como é xa tradición, para clausurar o Via Stellae”
(Mundoclásico, xullo 2008)
“Festival Via Stellae: cita imprescindible do mes de xullo”
(Variaciones, maio 2008)
“O último concerto do Via Stellae foi como unha desas grandes tormentas que suceden cando na atmosfera chocan dúas grandes forzas eléctricas”
(El País, 27 xullo 2008)
“O Festival Via Stellae afronta a súa edición máis ambiciosa”
(Mundoclásico, maio 2008)
“Via Stellae 20/21: sen dúbida a maior iniciativa que dende Galicia se dedicou á música contemporánea nos últimos tempos... todo un golpe de efecto”
(La voz de Galicia, 10 maio 2008)
“Via Stellae segue medrando”
(El País, 27 xullo 2008)
“A música pasou, dende o 2006, a ocupar un espazo preeminente na oferta cultural do Camiño grazas á creación do Festival Via Stellae, que non deixa de crecer unha edición tras outra”
(Ópera Actual, maio 2008)
“Cada vez máis afianzado, o festival Via Stellae prosegue nesta terceira edición coa súa afirmada vocación pola música antiga, contando con algúns dos máximos especialistas na materia”
(El Cultural, xuño 2008)
“Un dos sinais de identidade do Via Stellae é a categoría dos seus intérpretes”
(Ritmo, xuño 2008)
“Via Stellae presenta unha sobresaínte programación”
(Audio Clásica, xuño 2008)
“Hai veces, como na sesión inaugural do Via Stellae, nas que se ten a sorte de asistir a concertos superlativos”
(Mundoclásico, xullo 2008)
“O Festival Via Stellae continúa a súa andaina mantendo a elevada calidade das dúas edicións anteriores sostida por intérpretes de primeiro rango”
(Scherzo, setembro 2008)
“Intérpretes de excepción”
(Audio Clásica, xuño 2008)
“Segue Marc Minkowski achegando grandes satisfaccións ao Via Stellae... Prolongadas ovacións festexaron un traballo divino”
(Mundoclásico, xullo 2008)
“O Via Stellae volveu espertar o entusiasmo entre o público”
(El Correo Gallego, 28 setembro 2008)
“Via Stellae: o Camiño continúa e ensánchase”
(Scherzo, setembro 2008)
"A primeira edición anunciaba a vontade de converter este evento nunha das principais citas musicais do verán en España. A segunda edición non só o confirma senón que supera todas as expectativas"
(Goldberg, nº 45. Abril 2007)
"82 concertos para un xullo musical de impacto"
(Variaciones, nº 28. Maio 2007)
"Unha proposta que viste Galicia das mellores galas musicais"
(Scherzo, nº 219. Maio 2007)
"O modelo que formula o festival Via Stellae pode ser un exemplo para moitos programadores futuros"
(El Cultural, 5-11 xullo 2007)
"Santiago arde en músicas"
(Scherzo, nº 219. Maio 2007)
"Festival que gaña en coherencia e en calidade de artistas... O despregue de nomes é considerable"
(El Cultural, 7-13 xuño 2007)
"Nesta programación poderán apreciarse, durante o vindeiro xullo, verdadeiras e apetitosas ofertas"
(Scherzo, nº 219. Maio 2007)
"O despregue de figuras reunidas nesta edición é unha mostra da capacidade de convocatoria e a intelixencia da aposta"
(El Cultural, 5-11 xullo 2007)
"Só loanzas merece o que en pouco máis de dous anos se logrou neste novo e refrescante festival"
(Scherzo, nº 219. Maio 2007)
"Unha das principais citas musicais do verán en España"
(Variaciones. nº 28. Maio 2007)
"Se xa eran moitas as razóns para visitar Galicia, aquí hai unha máis e ben atraínte"
(Variaciones, nº 28. Maio 2007)
"Via Stellae contará coa presenza de figuras de recoñecido prestixio... Unha programación variada e atraínte con máis de 80 concertos e recitais"
(Audio Clásica, nº 124. Xuño 2007)
"A aposta por converter o Via Stellae nunha referencia internacional non se basea só na cantidade, senón tamén na calidade e o interese das propostas artísticas do festival"
(Ópera Actual, nº 100. Maio 2007)
"Espectacular, certamente... unha desas sesións dignas de enmarcarse"
(La Voz de Galicia, 14 xullo 2007)
"Con tan só dúas edicións consolidouse como unha das citas ineludibles do verán"
(Ritmo, nº 799. Xullo 2007)
"Festa barroca en Compostela"
(Culturas. La Voz de Galicia. 7 xullo 2007)
"O espectáculo está asegurado"
(Ritmo, nº 799. Xullo 2007)
"Calidade confirmada"
(Scherzo, nº 222. Setembro 2007)
"O festival Via Stellae confirma que logrou o nivel de excelencia"
(Scherzo, nº 222. Setembro 2007)
"Festival cunha programación superlativa, a prezos populares"
(Ópera Actual. Especial outubro 2007)
"Un festival é sempre, ou debera ser, a explicitación da identidade dunha realidade cultural. Galicia estaba necesitada do gran festival do Camiño e este ano, finalmente, preséntase a primeira edición do Festival Via Stellae, unha achega que, sobre o programa, está á altura das máis importantes citas europeas".
(Variaciones. nº 19. xuño 2006. páx. 3, editorial)
"Todos os camiños musicais levan a Santiago: por primeira vez se vai celebrar o Festival de Música de Compostela e os seus Camiños "Via Stellae", un festival que se presenta cun formato e unha programación excepcional…"
(Goldberg. nº 40. xuño 2006. páx. 93)
"O excelente nivel acadado nesta primeira edición do Via Stellae permítenos augurar, parodiando a Gabriel Celaya, que a música desta calidade será unha arma cargada de futuro".
(Scherzo. nº 212. outubro 2006. páx. 38)
"Todos os camiños históricos de peregrinación á tumba do Apóstolo serán percorridos en emocionantes citas musicais".
(Melómano. nº 110. xuño 2006. páx. 44).
"Un programa máis que atractivo… Durante as pouco máis de tres semanas de duración do festival visitarán a capital galega Fabio Biondi e o seu grupo Europa Galante, Antonio Florio e a Cappella de' Turchini, Eduardo López Banzo e Al Ayre Español, Marc Minkowski e Les Musiciens du Louvre e Rinaldo Alessandrini e o Concerto Italiano, entre outras personalidades musicais e formacións de gran prestixio internacional".
(Opera Actual. nº 91, xuño 2006. páx. 18)
"O concerto do domingo, que se anunciaba como un dos pratos fortes do I Festival de Música de Compostela e os seus Camiños, converteuse nunha auténtica festa... Un concerto para reconciliarse coa música e coa vida".
(La Razón. 18-VII-2006. páx. 38)
"Unha alegría para os afeccionados locais e foráneos que agora teñen unha nova razón para visitar Santiago".
(Variaciones. nº 19. xuño 2006. páx. 3, editorial)
"Os afeccionado terán a sorte de poder gozar coas actuacións das máis importantes agrupacións e solistas de música antiga e barroca do panorama musical internacional".
(Ritmo. nº 788. xullo 2006. páx. 34)
"Sen dúbida algunha, un percorrido exhaustivo que merecería a pena percorrer na súa totalidade escoitando cada un dos concertos".
(Melómano. nº 110. xuño 2006. páx. 44).
"Un programa de luxo para esta primeira edición que oxalá teña continuidade".
(Variaciones. nº 19. xuño 2006. páx. 13)
"Hai que louvar a vontade de difusión do festival ao longo de toda a comunidade".
(El Cultural. 29-06-2006. páx. 38)
"Un festival que entra pisando forte".
(Scherzo. nº 210. xullo-agosto 2006. páx. 14)
"A música clásica de calidade cítase no Via Stellae, o gran festival das rutas xacobeas".
(ABC. 3-07-2006. páx. 38)
"Via Stellae: entre o humano e o divino".
(Ritmo. nº 790. outubro 2006. páx. 96)
"O nacemento dun novo festival é sempre unha estupenda nova e máis cando este ingresa cun nivel de calidade tan alto".
(Scherzo. nº 210. xullo-agosto 2006. páx. 14)
"A oferta musical de programas alternativos, e intérpretes de primeiro nivel internacionais, que o Via Stellae conformou para a súa primeira edición acadou velocidade de cruceiro nos últimos días grazas a unha serie de magníficos concertos".
(La Voz de Galicia. 17-07-2006. páx. 49)
"Os afeccionados á música renacentista e barroca sorprenderanse de atopar aos intérpretes das mellores gravacións do ano neste terreo, precisamente coas obras nelas rexistradas".
(Melómano. nº 110. xuño 2006. páx. 44).
"Festival Via Stellae: cara á excelencia".
(Scherzo. nº 212. outubro 2006. páx. 38)
"Unha aposta que se consegue afianzarse nos próximos anos, vai ser un auténtico referente".
(Variaciones. nº 19. xuño 2006. páx. 3, editorial)
"É motivo de ledicia que se amplíe con rigor a tempada musical galega".
(El Correo Gallego. 25-06-2006. páx. 21)
"Este verán, Santiago gañou un festival, o Via Stellae… fíxoo cos mellores vimbios posibles".
(La Voz de Galicia. 30-12-2006. páx. 12)
"O entusiasmo de moitos dos atraídos pola cativadora chamada do Via Stellae".
(ABC. 17-07-2006. páx. 49)
"Galicia, terra de lendas e tradicións medievais, ve nacer este verán de 2006 a un novo festival de música integramente consagrado ao Camiño de Santiago e á súa historia. Baixo o título I Festival de Música de Compostela e os seus Camiños, o público descubrirá un punto de encontro das máis destacadas agrupacións e artistas especializados na música da época na que todos os camiños conducían a Santiago".
(Melómano. nº 110. xuño 2006. páx. 44)
"A cita, bautizada como Via Stellae e de contido barroco, simultaneará, ata o próximo día 28, as actuacións de solistas e conxuntos de primeira fila por numerosas localidades de Galicia".
(El Cultural. 29-06-2006. páx. 38)
"Volve ser posible escoitar e comparar… sen dúbida achegará colorido, frescura e novidade á oferta cultural. Como punto de partida non está nada mal".
(La Voz de Galicia. 2-06-2006)
"Gloriosa noite do Via Stellae 2006".
(Ópera Actual. nº 93. outubro 2006. páx. 59)
"Avalado por unha boa nómina de figuras internacionais".
(El Cultural. 29-06-2006. páx. 58)
"Polos camiños da boa música"
(El Correo Gallego. 2-06-2006. páx. 5)
"Luz estelar en Compostela".
(Scherzo. nº 211. setembro 2006. páx. 46)
"Desfilarán a fina flor, a nata da interpretación historicista".
(CD Compact. nº 200. xullo-agosto 2006. páx. 8)
"Formulación consistente artellada en torno á música barroca avalada por unha boa nómina de figuras internacionais".
(El Cultural. 29-06-2006. páx. 58)
"Os froitos chegarán… a música resplandecerá dun modo máis auténtico cun efecto máis duradeiro".
(La voz de Galicia. 1-04-2006. páx. 47)
"Con Fabio Biondi e o seu conxunto Europa Galante comezou a primeira edición do, pola súa esmerada e atraínte programación, moi agardado Festival Via Stellae".
(Scherzo. nº 211. setembro 2006. páx. 46)
"Inaugurouse a primeira edición do Via Stellae, que traerá a Galicia figuras como Marc Minkowski, Fabio Biondi e Antonio Florio".
(La Voz de Galicia. Culturas. 1-06-2006. páx. 14)
"A diversidade de correntes culturais que durante séculos chegaron dende Europa ata Santiago a través dos seus camiños serviu de fonte de inspiración para a creación do Via Stellae".
(Ritmo. nº 788. xullo 2006. páx. 34)
"Para satisfacción dos melómanos auténticos, contará cun cartel de innegable atractivo"
(La Voz de Galicia. 2-06-2006)
"Novos horizontes".
(ABC. 18-07-2006. páx. 48)
"A súa formulación artística resultou impecable".
(La Voz de Galicia. 30-12-2006. páx. 12)
"Un festival pensado para o afeccionado apetente de música con maiúsculas".
(Ritmo. nº 790. outubro 2006. páx. 97)
|