|
Academia Contemporánea Via Stellae 2010 CONVOCATORIA DE ACCESO
1. Obxeto da convocatoria. Selección de estudantes de música aspirantes a ser membros integrantes da Academia Contemporánea Via Stellae (ACVS), institución dependente do Festival Via Stellae, co obxecto de participar no curso de cámara que terá lugar durante o festival do 2010.2. Requisitos dos solicitantes. a) Estar matriculados nalgún Conservatorio Superior de Música, ou terse graduado nos últimos dous anos.Alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela (sede do curso). b) Ser español/a, maior de idade, cidadano/a de países da Unión Europea ou nacional do Reino de Noruega ou da República de Islandia. Quen non estando incluidos no anterior apartado se atopen en España en situación de legalidade. 3. Presentación de instancias As instancias dirixiranse a:Alejandro Sanz Redondo Director artístico da ACVS r/ Manuel de Falla 19 15173 Oleiros (A Coruña) Tamén poderán ser remitidas por correo electrónico ao seguinte enderezo: academiacontemporanea@viastellae.es A instancia deberá ir acompañada do curriculum vitae, con xustificación dos méritos alegados e das calificacións académicas do último curso aprobado. Poderase solicitar a realización das probas para os instrumentos que figuren nas bases da ACVS, é dicir, violín, contrabaixo, clarinete, fagot, trompeta, trombón e percusión. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 24 de maio ás 14 horas. 4. Tribunal calificador A selección dos aspirantes efectuarase por unha comisión técnica integrada polo director artístico da ACVS, e por aqueles profesionais que o director considere convintes para cada especialidade.5. Procedemento de selección O tribunal calificador terá en conta os méritos do curriculum, as calificacións académicas e as probas prácticas que efectúe o solicitante.Ditas probas consistirán en: Interpretación dunha obra clásica libremente elexida polo solicitante (sonata, concerto, etc.), a excepción dos instrumentos nos que se indique obra obrigada (Anexo I). A copia da partitura (coa parte de piano) deberá ser enviada ao Festival Via Stellae xunto coa instancia. Os aspirantes de percusión terán que preparar tres obras (libres), unha de marimba, unha de caixa e unha de vibráfono, e mandar copia das partituras xunto coa instancia. 6. Realización das probas As probas para o acceso á ACVS terán lugar os días 29 de maio e 5 de xuño (indicarase con antelación a hora aproximada do seu comezo) no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, segundo detalle no Anexo II destas bases.7. Propostas dos seleccionados Una vez efectuada a selección polo tribunal, os alumnos seleccionados confirmarán por escrito a súa participación na ACVS, asumindo o compromiso de acudir a todos os ensaios e concertos propostos pola Academia.8. Obrigas dos alumnos activos da ACVS Deberán asistir obrigatoriamente a todas as clases, ensaios, concertos e actividades programadas pola ACVS.No suposto de imposibilidade de asistir a algunha das actividades, deberá xustificarse convenentemente no momento da confirmación e o director artístico da Academia valorará a posible substitución do alumno por causas de desenvolvemento musical da Academia. A falta desta xustificación poderá derivar na expulsión do alumno. 9. Alumnos reserva da ACVS Os alumnos reserva poderán ser convocados a algunha das actividades programadas pola ACVS. A ACVS resérvase o dereito de convocar aos alumnos reserva.10. Aloxamento Aos alumnos admitidos na ACVS proporcionaráselles o hospedaxe e media pensión, que incluirá o almorzo e a comida. As ceas correrán a cargo do alumno.A Academia non se fará cargo de ningún gasto de viaxe dos alumnos que non teña que ver coa realización de concertos ou actividades organizadas pola academia. 11. Diplomas de asistencia Ao remate do curso, os alumnos recibirán un diploma de asistencia a este.12. Os alumnos máis destacados durante o curso académico poderán ser tomados en consideración para futuras participacións no Festival Via Stellae. 13. As incidencias que se produzan na execución destas bases serán resoltas polo tribunal calificador. 14. A Academia aconsella aos alumnos participantes asegurar os seus instrumentos antes da participación no curso. A Academia non se responsabilizará de ningún dano ou roubo que poda ocurrir a estes. ANEXO I VIOLIN Unha obra libre de calquera estiloCONTRABAIXO Unha obra libre de calquera estilo CLARINETE A Rapsodia para clarinete e piano de Debussy FAGOT Unha obra libre de calquera estilo TROMPETA Obra obrigada. C. Hohne: Fantasía eslava TROMBÓN TENOR Unha obra a elixir entre as dúas seguintes: F. David: Concertino en mi bemol / Guilmant: Morceau symphonique op 88 PERCUSIÓN MARIMBA: Unha obra libre de calquera estilo CAJA: Unha obra libre de calquera estilo VIBRÁFONO: Unha obra libre de calquera estilo ANEXO II CALENDARIO DE AUDICIÓNS PARA A ACVS 2010Día 29 de maio Vento: Fagot Clarinete Trompeta Trombón Día 5 de xuño: Violín Contrabaixo Percusión |
|
CAMIÑO FRANCÉS – CAMIÑO PRIMITIVO – RUTA DO MAR DE AROUSA-RÍO ULLA – CAMIÑO PORTUGUÉS – CAMIÑO FISTERRA-MUXÍA – VÍA DA PRATA – CAMIÑO INGLÉS – CAMIÑO NORTE – CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA – CAMIÑO DO INVERNO
Lugo - Tui - Porriño - Redondela - Pontevedra - Caldas de Reis - Padrón - Ames - Ferrol - Narón - Pontedeume - Betanzos - A Coruña - Culleredo - Cambre - Pedrafita - Samos - Sarria - Portomarín - Palas de Rei - Melide - Arzúa - Negreira - Muxía - Cee - Fisterra - Ribadeo - Foz - Mondoñedo - Vilalba - Guitiriz - Sobrado - Verín - Allariz - Ourense - Lalín - Silleda - O Grove - Cambados - A Illa - Vilanova - Vilagarcía - Ribeira - A Pobra do Caramiñal - Boiro - Rianxo - Padrón - O Barco de Valdeorras - Monforte - Chantada - A Guarda - Baiona - Vigo | ![]() |
| Condicións de uso |